AGARESO에서 제공하는 콘텐츠입니다. 에피소드, 그래픽, 팟캐스트 설명을 포함한 모든 팟캐스트 콘텐츠는 AGARESO 또는 해당 팟캐스트 플랫폼 파트너가 직접 업로드하고 제공합니다. 누군가가 귀하의 허락 없이 귀하의 저작물을 사용하고 있다고 생각되는 경우 여기에 설명된 절차를 따르실 수 있습니다 https://ko.player.fm/legal.
Many of us are entering the new year with a similar goal — to build community and connect more with others. To kick off season five, Priya Parker shares ideas on how to be the host with the most. An expert on building connection, Priya is the author of “The Art of Gathering: How We Meet and Why It Matters.” Whether it's a book club, wedding, birthday or niche-and-obscurely themed party, Priya and Chris talk about how to create meaningful and fun experiences for all of your guests — including yourself. For the full text transcript, visit go.ted.com/BHTranscripts . For the full text transcript, visit go.ted.com/BHTranscripts Want to help shape TED’s shows going forward? Fill out our survey here ! Learn more about TED Next at ted.com/futureyou Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.…
AGARESO에서 제공하는 콘텐츠입니다. 에피소드, 그래픽, 팟캐스트 설명을 포함한 모든 팟캐스트 콘텐츠는 AGARESO 또는 해당 팟캐스트 플랫폼 파트너가 직접 업로드하고 제공합니다. 누군가가 귀하의 허락 없이 귀하의 저작물을 사용하고 있다고 생각되는 경우 여기에 설명된 절차를 따르실 수 있습니다 https://ko.player.fm/legal.
O noso é o social! Descubre o noso souto radiofónico deseñado para entreter, acompañar e sobre todo falar de temas que normalmente quedan agochados pero que afectan a moitas persoas en todo o mundo.
AGARESO에서 제공하는 콘텐츠입니다. 에피소드, 그래픽, 팟캐스트 설명을 포함한 모든 팟캐스트 콘텐츠는 AGARESO 또는 해당 팟캐스트 플랫폼 파트너가 직접 업로드하고 제공합니다. 누군가가 귀하의 허락 없이 귀하의 저작물을 사용하고 있다고 생각되는 경우 여기에 설명된 절차를 따르실 수 있습니다 https://ko.player.fm/legal.
O noso é o social! Descubre o noso souto radiofónico deseñado para entreter, acompañar e sobre todo falar de temas que normalmente quedan agochados pero que afectan a moitas persoas en todo o mundo.
Volvemos a activar os micrófonos do Souto para analizar por que cada vez máis se aceptan discursos que banalizan o franquismo, en RRSS, en medios de comunicación, en escolas...e quixemos poñer o foco especialmente na educación, porque é aí onde ao mellor isto se pode atallar. Para analizar o tema trouxemos ao Souto de Castañas no verán a Lois Anxo Ferreiro, da Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral, e aos mestres Cristina López, Rosalía Regueiro e Mateo Torres. Podedes usar as nosas RRSS para dicirnos que opinades.…
Primeiro episodio de Castañas no verán neste 2025 e chega con un dos temas máis detatidos ultimamente, as redes sociais e as súas consecuencias. Quixemos profundizar neste tema da man de un colectivo que leva anos traballando nel, o colectivo UNA. Así, dannos outro punto de vista sobre a situación. Debemos deixar as redes? Seríamos capaces? Debemos tender ao optimismo? ao pesimismo? Escoita e intenta responder ás cuestións!…
Neste último episodio de 2024 a equipa de Castañas no verán fala sobre os principais temas do ano. Esta é unha tertulia distendida, sen moitos datos, unha conversa de nadal entre varias persoas entusiasmadas coa movilización social.
Este é o segundo episodio que a equipa de Castañas no verán adica ao galego. Se nunha primeira parte analizamos a situación do galego despois dunha demoledora enquisa do IGE, nesta segunda falamos con persoas que, pese a ser castelán falantes dende pequenas, decidiron cambiar o seu día a día e apostar pola nosa lingua e o seu futuro. Así, escoitamos a varias delas e tamén a Alba Verea Pérez, tradutora no recente Premio Nobel de Literatura, A Vexetariana ( Han Kang).…
A equipa de Castañas no verán enfrontamos a nosa 6ª tempada, nada máis e nada menos. Comezamos con un programa sobre a situación da lingua galega, despois dunha enquisa do IGE moi preocupante quixemos poñer algo de contexto, datos e reflexións no debate. Coma sempre, máis contidos dispoñibles nas nosas redes sociais (Instagram e Facebook).…
O antixitanismo e as discriminacións que trae consigo refléxanse en todos os ámbitos da vida das persoas xitanas, obstaculizando o seu benestar e colocandoas de maneira sistemática en espazos de pobreza, olvido e marxinalidade. Neste podcast quixemos falar concretamente de antixitanismo de xénero. Para iso fixemos o programa en directo dende a Libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela para presentar á súa vez os libros de Lola Cabrillana (La maestra gitana e Las cuatro esquinas del mar) e Pastora Filigrana (El pueblo gitano contra el sistema mundo), escritoras e activistas a prol dos dereitos do pobo xitano.…
Como moitxs xa sabedes, Castañas no Verán é un podcast de Agareso, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social. Agareso leva a cabo diferentes proxectos de EpD na nosa comunidade, outros de acción social etc, pero tamén desenrola proxectos de Cooperacion Internacional. Neste senso o país no que máis traballa é República Dominicana, onde centra o seu labor na loita a prol da igualdade e en concreto dos dereitos sexuais e reproductivos das mulleres. Neste podcast analizamos unha enquisa nacional sobre violencias sexuais, realizada no marco do actual proxecto que Agareso leva a cabo xunto co Cipaf.…
Agareso leva varios anos organizando o Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional, este ano ademais con un cambio importante que inclúe ata o propio nome. O curso de especialización en Comunicación Social que se vai a desnrolar en breve dende a Facultade de Comunicación da UVigo é unha aprendizaxe completa e moi necesaria. Neste podcast que agora escoitades, analizamos a situación, necesidades e futuro da comunicación social, pouco presente nas facultades e moi necesaria para que as profesionais da comunicación teñan unha mirada empática e respetuosa. Falamos en directo dende a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, do propio curso, pero dende unha perspectiva de análise e cuestionamento.…
Para rematar o ano, a equipa de Castañas no Verán centrouse nun tema moi de actualidade, a intelixencia artificial, e os usos indebidos que esta pode ter. Neste episodio falamos con unha profesional STEM, Soledad Torres, que reflexiona sobre os principais problemas que pode traernos unha tecnoloxía sen reflexión de xénero e tamén nos da varias claves para que as persoas desarrolladoras poidan autoavaliarse e autoformarse nesta materia. O mundo virtual medra rápido, quizáis máis rápido do que nos podemos asumir. Como podemos contribuir á súa mellora? Cales son as potencialidades positivas da Intelixencia Artificial?…
Comezamos a 5ª tempada de Castañas no Verán con un programa moi diferente. Nesta ocasión imos falar do polbo, un animal moi galego, que traspasa a fronteira e é un símbolo da cultura galega. Pero imos centrarnos nun feito concreto, un proxecto que pretente convertilo en animal de granxa. ¿Que ten de malo isto? ¿Obedece a escasez de polbo que estamos vivindo? ¿Como podemos axudar a esta especie nós como sociedade? Todo isto analizaremolo da man de Francisco Rocha, investigador do Centro de Investigación da Mariña da Universidade de Vigo e Aïda Gascón Bosch, directora en España de AnimaNaturalis Internacional…
Trasladamos o noso souto á segunda edición do Cumio Galego Contra O Discurso Do Odio, cita organizada pola Coordinadora Galega de ONGD no marco de Compostela+Solidaria. Un programa moi especial no que falamos de qué é e como podemos combater o discurso do odio. Recorda que tamén estamos en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).…
A Nova Lei de Vivenda, publicada no BOE o 25 de maio, pillounos con este programa no forno. É unha das cuestións que afecta a cada vez máis persoas: o acceso a unha vivenda digna. A subida dos alugueiros, as condicións abusivas para alugar e para mercar, e unha oferta cada vez máis escasa polo incremento dos pisos e casas turísticas. Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).…
Recordas dende cando eres feminista? Houbo un momento que te marcara e fixera que te recoñeceses baixo esta etiqueta? Sempre o soubeches? Neste programa, un pouco especial, somos as que conformamos este souto quenes compartimos as nosas experiencias e opinión en torno a este tema. Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).…
A pornografía que consume o 70% da xente máis nova non amosa relacións afectivo-sexuais, nin relacións de coñecemento, seducción ou relación afectiva. En moitos casos trátase de contidos desiguais e violentos, propios da ficción, contra os que os e as adolescentes non teñen ferramentas para facer un consumo crítico. Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).…
Dende este ano que xa case remata, a educación sexual é obrigatoria en todos os niveis educativos e en todo o estado. A educación sexual vai moito máis alá do sexo. Tamén contempla os afectos, como relacionarse cos demais, o coñecemento sobre o corpo, a diversidade que existe en canto a identidade, xénero e orientación sexual... é por iso que neste último programa de 2022 falamos da necesidade e importancia dunha educación sexual integral na infancia. Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).…
Comeza a cuarta tempada de Castañas No Verán!! Aínda que con algúns cambios, este souto continúa traballando para falar daqueles temas que nos afectan no noso día a día. Nesta ocasión falamos de pobreza enerxética, unha situación que afecta a 10 de cada 100 fogares do Estado español. Dálle ao play para saber máis! Recorda que este souto tamén está en Redes Sociais. Podes atoparnos en Facebook (Castañas No Verán), Instagram (@castanhasnoveran) e tamén en Twitter (@castanasnoveran).…
Último programa da tempada, e dende logo, tamén moi especial. Tanto, que para escoitar o inicio deste episodio tendes que ir ás canles dos nosos compas de Carretando. As Castañas suben á furgo de Carretando para unha boa tertulia. Nós imos, e eles veñen, de toda a vida.
Imos xa polo oitavo programa desta terceira tempada de Castañas no Verán. Nesta ocasión imos falar das mulleres que viven e traballan no mar. Redeiras, mariscadoras, empregadas de conserveiras, capitanas de barco...Son infinitas as profesións nas que teñen protagonismo e moitas as trabas que teñen que superar.…
Están presentes na vida de todos nós. Estereotipos, cánones de beleza, odio, haters... pero tamén novos proxectos, divulgación, luz entre tanto postureo. Efectivamente, neste novo programa falamos de redes sociais. Nesas nas que non esquezas seguirnos para estar ao día de todas as novidades 😉: Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
Neste programa falamos de persoas refuxiadas. Persoas que por motivos de forza maior teñen que abandonar os seus fogares e todo canto teñen. Pese a que o discurso do odio as veces nos queira facer ver outra cousa, estas persoas só buscan o que todas: vivir da mellor maneira posible aínda que iso signifique comezar de cero lonxe dos seus fogares para poder salvar a vida. Recorda seguirnos nas nosas Redes Sociais! Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
Levabamos xa un tempo dandolle voltas a facer un programa sobre o amor. Si, liches ben, sobre o amor. Monogamia, poliamor, anarquía relacional, responsabilidade afectiva, toxicidade, amor romántico… Como falar de amor e relacións no século XXI? Recorda que estamos en Redes! Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
Estivemos dándolle moitas voltas ao seguinte tema a tratar, intentando pensar cales son esas cousas que vos preocupan e vos afectan e despois de moito darlle voltas, decidímonos polo todopoderoso eucalitpo. Ou deberiamos dicir pola todopoderosa ENCE? Non esquezas seguirnos nas nosas redes sociais para estar ao día de todas as novidades: Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
O aborto. Neste programa facemos un percorrido por diferentes países, e vemos as grandes diferencias lexislativas que os separan, pero tamén unha cousa que é común en todos eles, o estigma. Non esquezas seguirnos nas nosas redes sociais para estar ao día de todas as novidades: Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
Neste segundo programa da temporada falamos do colectivo LGTBIQA+ e do odio que levan soportando dende fai décadas. Se no programa anterior falábamos de discriminación por motivos de orixe ou cultura, nesta ocasión queremos darlles voz ás persoas do colectivo LGTBIQA+ que nestes momentos están a vivir unha situación complicada e que recorda a tempos pasados que moitos pensaban ter deixado atrás. Non esquezas seguirnos nas nosas redes sociais para estar ao día de todas as novidades: Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
Inauguramos a terceira temporada deste souto radiofónico! Neste programa e no próximo imos centrarnos en analizar o discurso do odio que, lamentablemente, tan presente está hoxe en día. Hoxe toca falar de estereotipos culturais e de racismo e no seguinte programa... Bueno, se queredes sabelo, teredes que seguirnos nas nosas redes sociais: Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
Pechamos a nosa segunda tempada pero non marchedes moi lonxe porque volveremos moi pronto. Non esquezades seguirnos nas nosas redes sociais para non perdervos nada do que está por vir. Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran
Neste novo programa traémosvos un tema que xa tiñamos ganas de tratar dende fai tempo: a vivenda. Somos conscientes de que moitas persoas non teñen acceso a ese lugar seguro? Establecemos un contexto para coñecer cal é a situación actual, tratamos a importancia da saúde mental arredor deste tema, falamos de fondos voitre e alugueiros. Non esquezades seguirnos nas nosas redes sociais! Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
Seguindo coas temáticas sociais, hoxe adentramonos no medio ambiente. En concreto imos falar de auga, un ben básico que escasea en tantos puntos do planeta. E aínda por encima, acaba de saír en bolsa. ¿En qué situación deixa esto a consideración da auga como dereito humano? Deso falamos neste programa. Non esquezades seguirnos nas nosas redes sociais. Facebook: Castañas No Verán. Instagram: @castanhasnoveran. Twitter: @castanasnoveran.…
Como xa sabedes sempre buscamos aplicar unha perspectiva feminista a cada un dos temas que tratamos e no mes do 8M non ía ser diferente. Neste programa queremos poñer o foco nun tema que atravesa a todas as mulleres e que atravesa tamén os debates feministas: as diferentes formas que o sistema patriarcal ten de mercantilizar do nosos corpos. Non esquezades seguirnos nas nosas Redes Sociais: Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
Precariedade laboral xuvenil. Sobran explicacións porque case con total seguridade ou a vivides o a vive alguén da vosa contorna. Neste undecimo souto afondamos nos motivos que hai detrás desta situación, escoitamos as vosas experiencias, rímonos do xeito no normalizamos a vida precaria e tratamos de predecir o futuro que nos agarda. Non esquezades seguirnos nas nosas redes sociais para seguir todos os nosos pasiños: Facebook: Castañas No Verán Instagram: @castanhasnoveran Twitter: @castanasnoveran…
플레이어 FM에 오신것을 환영합니다!
플레이어 FM은 웹에서 고품질 팟캐스트를 검색하여 지금 바로 즐길 수 있도록 합니다. 최고의 팟캐스트 앱이며 Android, iPhone 및 웹에서도 작동합니다. 장치 간 구독 동기화를 위해 가입하세요.